Festividade de carácter tradicional. Considerado como o mais ancestral de toda Galicia.
• 5 febreiro, VENRES DE FOLIÓN
21:00 horas: Cea gastronomica da cachucha, bica, xastré e do licor café.
23.30 horas: Gran folión de fachóns (antorchas) cobelleiros e cinza.Onde sonarán os chocos por ultima vez antes da estrea do Peliqueiro, na xornada dominical. Os folións recorrerán as rúas do
pobo a oscuras, só coa luz dos fachóns de palla en llamas e acompañados por o són dos chocos, latas, tambores e outros instumentos ruidosos.
• 6 febreiro, SABADO DE CABRITADAS
Pola tarde, fariñada polas distintas ruas do concello.Pola noite, cabritada dos mozos.
• 7 febreiro, DOMINGO DE ESTREA
Pola mañá cedo,estrea dos Peliqueiros, sauda dos Peliqueiros a saída da misa e reparto da bica.Pola tarde, desfile de carrozas tipicas.
• 8 febreiro, LUNS BORRALLEIRO
Pola mañá, farrapada(batalla de trapos cheos de barro) e xitanadados burros polas rúas e praza da Picota.Pola tarde, baixa dende Cimadevila a Morena, un home cubertocunha manta e unha cabeza de vaca que se dedica a levantar as saias as mulleres, acompañado polo seu sequito de formigas, toxos e
cobelleiros, tirando contra a multitude na praza da Picota una choiva de formigas vivas, mesturada con vinagre e fariña, para poñelas mais raibosas.Reparto da cachucha entre os asistentes.
• 9 febreiro, MARTES DE ENTROIDO
Pola mañá, saída dos Peliqueiros veteráns.Pola tarde, desfile de carrozas típicas, lectura do testamento, enterro do entroido e loito dos Peliqueiros.Tódo-los dias estarán amenizados por actuacións musicais coas orquestras, charangas e demais musicos improvisados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario